Eventos

Acto de Benvida aos alumnos de primeiro

O luns 4 de setembro ás 10:00, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, terá lugar un Acto de Benvida para os alumnos de primeiro curso do Dobre Grao ADE-Dereito

Os alumnos da 1ª promoción realizaron prácticas extracurriculares este verán

Dieciseis alumnos da 1ª promoción do Dobre Grao realizaron prácticas extracurriculares durante os meses de xuño e xullo en diferentes empresas e despachos da nosa contorna económica. A relación de empresas e despachos é a seguinte: AOS, Auren, Berbés Abogados, Clems, CZ Veterinaria, Deloitte, Elemental Chefs, Endesa, Eosa, Fundación Universidade...

Conferencia de Baltar+ABOGADOS

O pasado mércores, 4 de febreiro, continuamos o ciclo de conferencias dirixido aos alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa presenza de Gabriel Baltar, socio da firma Baltar+ABOGADOS. Gabriel falounos da traxectoria do seu despacho que foi moi exitosa malia constituírse en 2009, en plena crise...

Conferencia de Alejandro Marques de Magallanes – Partenon

O pasado mércores, 10 de decembro tivo lugar, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a última conferencia do cuadrimestre organizada polo Dobre Grao ADE-Dereito. Alejandro Marques de Magallanes Regojo, Director Xeral de Partenón, expúxonos a súa visión sobre a figura do empresario a partir da súa...

Conferencia de AIG

O pasado mércores, 26 de novembro, os alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man un exemplo dunha experiencia exitosa de emprendimiento empresarial. Edelmiro González e Santiago Viso, socios de AIG, contáronnos o percorrido que lles levou dende as aulas da nosa Facultade, onde cursaron a licenciatura en Ciencias Económicas, ata...

Conferencia de Fernando Vázquez – Deloitte

O pasado mércores, 29 de outubro, Fernando Vázquez Castro, socio de Deloitte, impartiu unha charla aos alumnos do dobre grao ADE-Dereito sobre o modelo que segue a súa firma de servizos profesionais; a primeira firma do mundo e de España en volume de facturación. Despois de recordar aos alumnos que xa...

Conferencia de Josefina Fernández: GERIATROS

O pasado mércores, 15 de outubro, os alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o modelo de liderazgo de Geriatros no sector sociosanitario español. A través dunha ponencia, celebrada no salón de actos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a conselleira delegada da compañía,...

Conferencia de Juan Güell

O pasado mércores 1 de outubro tivo lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais unha conferencia, organizada polo Dobre Grao ADE-Dereito, que foi impartida por Juan Güell Cancela, Socio-Director de DosValor, recentemente nomeado “Executivo do ano en Galicia”. Antes da conferencia, Juan Güell reuniuse cos...

Primeiro día de clase dos alumnos do Dobre Grao

Os 44 alumnos da primeira promoción do dobre grao comezaron hoxe as súas clases. Por tal motivo, o gabinete de prensa da Universidade de Vigo elaborou unha noticia que recolle as impresións dos alumnos do dobre grao no seu primeiro día de clase. Aproveitamos a ocasión para darlles a benvida aos alumnos...

O dobre grao nos medios

Con motivo da implantación do Dobre Grao ADE- Dereito que se estrea en setembro, realizouse unha rolda de prensa, celebrada un día antes de comezar as probas de selectividad. A noticia foi recollida en varios medios. Faro de Vigo Atlántico Diario DUVI