Todo o que queres coñecer sobre o Programa de Simultaneidade.
O programa de simultaneidade Ade- Dereito permite simultanear as titulacións de Administración e Dirección de Empresas e Dereito. Presentámosche, a continuación, unha batería de preguntas para que poidas coñecer de forma rápida e sinxela en que consiste, como matricularse e cuales son as súas saídas profesionais. Ademais, poderás consultar o plan de estudos.
¿Por qué estudar a simultaneidade ADE+Dereito?
Porque a xestión da empresa e o mundo xurídico son inseparables. En consecuencia, unha formación combinada en ADE e Dereito ábrelle ao estudante un importante ábano de posibilidades laboráis.
¿En que consiste?
O programa de simultaneidade ADE+Dereito permite que un estudante poda cursar en paralelo as titulacións de Administración de Empresas e Dereito, obtendo ao rematar dous títulos oficiais: Graduado en Administración de Empresas e Graduado en Dereito.
¿Cal é a duración dos estudos?
Para superar o programa de simultaneidade, os estudantes teñen que cursar un total 360 ECTS, distribuidos en cinco anos (dez cuadrimestres), a razón de 36 ECTS por cuadrimestre fronte aos 30 ECTS por cuadrimestre que tería que cursar nun grao único.
¿Que é un crédito ECTS?
As siglas ECTS son o acrónimo de European Credit Transfer System. É un sistema que permite medir o traballo que deben realizar os estudantes para a adquisición dos coñecementos, capacidades e destrezas necesarias para superar as diferentes materias do seu plan de estudos. Na UVigo, cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do estudante polo que unha materia de 6 ECTS esixiría un total de 150 horas de traballo.
Ese traballo pode ser en compañía de un profesor (traballo presencial: clases, titorías, probas de avaliacion, presentación de traballos, etc.) ou non (traballo autónomo do estudante: estudio, resolución de exercicios e problemas, busca de documentación, etc.)
A presencialidade ven a supoñer aproximadamente un tercio da carga horaria total da materia, así cada materia de 6 ECTS ven a ter 52 horas de presencialidade.
¿Dónde se imparten as clases?
As clases impartiranse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ou na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, en función do curso académico.
A docencia impartirase nun grupo específico, con horario e calendario de exames propio. Antes do inicio de cada curso farase pública esa información.
¿Como se accede ao Programa de Simultaneidade?
Do mesmo xeito que en calquera outra titulación do SUG, previamente hai que preinscribirse mediante o procedemento telemático establecido pola CIUG (http://ciug.cesga.es/), e o acceso depende da calificación obtida nas PAU.
¿Cantas prazas de novo ingreso se ofertan?
Para o curso 2023/24 a oferta de prazas no programa é de 40.
¿Como hai que facer para matricularse?
Do mesmo xeito que para calquera outra titulación da UVigo, hai que entrar na aplicación habilitada a tal fin e á que se pode acceder mediante un enlace específico na web da Universidade, e seguir os pasos que se indican na mesma.
¿ Cal é a nota de corte e como ponderan as materias da Fase Específica das PAU para o dobre grao?
Ao non ter saído a primeira promoción, aínda non hai información histórica de notas de corte. As materias da fase específica das PAU pondéranse coa máxima puntuación que lles asigne un dos 2 graos. Por exemplo:
- Latín II pondera por 0,1 para ADE e por 0,2 para Dereito. No acceso ao dobre grao ponderaría por 0,2.
- Matemáticas Aplicadas a las CC.SS. II pondera por 0,1 para Dereito e por 0,2 para ADE. No acceso ao dobre grao ponderaría por 0,2.
¿Pódese solicitar a admisión dende os graos de ADE ou Dereito?
Non se contempla de xeito xeralizado, pero a normativa vixente fixa, para acceso pola vía de recoñecemento (convalidación) dende outras titulacións, un mínimo do 2% do total das prazas de novo ingreso, polo que habería 1 praza para acceso por dita vía.
¿Hai límite de créditos para matricularse?
A matrícula será sempre de curso completo e, en ningún caso, un estudante poderá matricularse de menos de 72 ECTS, agás que lle resten menos deses créditos para rematar o programa.
¿Que pasa no caso de non querer continuar o programa?
O estudante que desexe abandonar o programa, podería optar por:
- Cambiarse a algunha das dúas titulacións que se simultanean, sempre que teña aprobada algunha materia de primeiro curso, recoñecéndoselle os créditos de formación básica de rama.
- Solicitar traslado a calquera outra titulación, seguindo o procedemento de carácter xeral establecido.
¿Que hai que facer ao remate do programa para ter os dous titulos?
Un estudante non ten a condición de graduado ata que non fai a solicitude do título e aboa as taxas correspondentes. Polo tanto, deberá dirixirse aos negociados dos dous centros implicados no programa e facer as solicitudes de cada un dos títulos mediante o procedemento habitual.
¿Qué saídas ten o programa?
O programa de Simultaneidade combina as saídas profesionais de Dereito e ADE, otorgándolle un valor engadido que permite o acceso á alta dirección empresarial, aos grandes despachos profesionais e aos corpos superiores da Administración Pública.
¿En qué consisten ás actividades complementarias?
As actividades complementarias teñen o obxectivo de proporcionar aos estudantes, á marxe dos contidos do plan de estudos, un tipo de formación que é esixida tanto polas empresas coma polos despachos profesionais: alto nivel de idiomas, habilidades directivas, correcta expresión oral e escrita, novas tecnoloxías, etc.
Para conseguir este obxectivo, todas as semanas se celebran charlas impartidas por especialistas e directivos de empresas. Ademais, organizaranse cada ano cursos de formación extracurriculares que se recomenda que se cursen. Os estudantes dos últimos anos realizarán prácticas nas principais empresas e despachos profesionais do noso ámbito económico.