Primeiro curso

O primeiro ano de docencia do Dobre Grao ADE-Dereito

No primeiro ano, o alumno só cursa Materias de Formación Básica (FB). Estas son materias cuxos contidos son considerados básicos dentro da Rama de Coñecemento (neste caso “Ciencias Sociais e Xurídicas”) pero non son necesariamente específicos da titulación. Así, por exemplo, cúrsanse materias dos ámbitos “xurídico” e “empresarial”, pero tamén do ámbito “económico” e do ámbito “científico”.

A materia “Xestión de Empresas” ten un grupo práctico que se imparte en castelán e outro que se imparte en inglés. O alumno decidirá antes do comezo do cuadrimestre en que grupo desexa inscribirse.

O 5 de setembro comeza un Curso Cero de Matemáticas ao obxecto de preparar o alumno procedente do Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais para as esixencias do Grao.

Materias

Neste curso impártense 10 materias de Formación Básica:

  • Catro materias do “ámbito xurídico”: Dereito Constitucional IDereito RomanoHistoria do Dereito e Teoría do Dereito.
  • Dúas materias do “ámbito empresarial”: Fundamentos de Administración e Xestión de Empresas.
  • Dúas materias  do “ámbito económico”: Economía Española e Mundial e Microeconomía.
  • Dúas “materias instrumentais” que proporcionan as ferramentas analíticas necesarias para a comprensión doutras materias que se imparten na titulación de Administración de Empresas: Matemáticas e Estatística.
Horarios

Descarga Horario 1º Cuadrimestre

Descarga Horario 2º Cuadrimestre

Horarios

Descarga Cronograma 1º Cuadrimestre

Descarga Cronograma 2º Cuadrimestre

Calendario académico e de exames

Descarga Calendario académico e exames 1º cuadrimestre curso 2016-2017

Descarga Calendario académico e exames 2º cuadrimestre curso 2016-2017

Descarga Calendario exames convocatoria extraordinaria

Descarga Aulas e horarios exames 1º cuatrimestre

Descarga Aulas e horarios exames 2º cuatrimestre

Descarga Aulas e horarios exames convocatoria extraordinaria

 

 

Asignación de aulas

Aula D-1 da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.