O acceso á páxina web de Dobre Grao ADe -Dereito e á información relativa a calquera contido da mesma comporta a aceptación das condicións previstas no presente Aviso Legal. Por iso recomendámoslle que lea atentamente o seu contido se vostede desexa acceder e facer uso da información e os servizos ofrecidos desde esta páxina web.
En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, infórmase o usuario que este é o sitio web do proxecto Programa de Simultaneidade Dobre Grao Ade Dereito, da Universidade de Vigo, con correo electrónico: doblegradoad@uvigo.es e teléfonos: 986 812 400 e 986 814 010.
A información contida nestas páxinas é a vixente na data da súa última actualización. As presentes condicións son as vixentes desde a data da súa última actualización. Dobre grao resérvase o dereito a modificalas en calquera momento, nese caso entrarán en vigor desde a súa publicación e serán aplicables a todos os usuarios do portal desde esa data.
Dobre grao resérvase o dereito a introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos da páxina web cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente. ?Dobre grao? cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade.
Dobre grao adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Os datos fornecidos nos formularios son voluntarios e só se empregarán para remitir a información solicitada. O usuario ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que sexan exactos e que se utilicen para o fin para o que se recollen, así como a súa cancelación, coas excepcións previstas na lexislación vixente.
A páxina web do Dobre grao, as páxinas que comprende e a información ou elementos contidos nas mesmas, inclúen textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, bases de datos, programas informáticos, así como logotipos, marcas, nomes comerciais, ou outros signos distintivos, protexidos por dereitos de propiedade intelectual.
O proxecto non outorga garantía algunha sobre a licitud e legalidade da información ou elementos contidos na páxina web cando a titularidade dos mesmos non corresponda ao Dobre grao
Queda prohibida calquera modalidade de explotación comercial, incluíndo todo tipo de reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación, mediante calquera tipo de soporte e medio, das obras antes referidas, creacións e signos distintivos sen autorización previa e expresa dos seus respectivos titulares.
O incumprimento desta prohibición poderá constituír infracción sancionable pola lexislación vixente.
No entanto, pola súa conta e risco, o usuario poderá descargar ou realizar copia de tales elementos exclusivamente para o seu uso persoal, divulgativo ou docente, sempre que non infrinxa ningún dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial. En especial, non poderá alteralos, modificalos ou suprimilos nin total nin parcialmente. En ningún caso, iso significará unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade do Dobre grao.
O Dobre grao non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos nas páxinas da páxina web , que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fóra do seu control.
O Dobre grao non é responsable da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros accesibles desde a páxina web, mediante ligazóns, hipervínculos ou links, que se presenten baixo a aparencia ou signos distintivos salvo autorización expresa desta última, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nos mesmos.