Os alumnos da 1ª promoción realizaron prácticas extracurriculares este verán

Dieciseis alumnos da 1ª promoción do Dobre Grao realizaron prácticas extracurriculares durante os meses de xuño e xullo en diferentes empresas e despachos da nosa contorna económica. A relación de empresas e despachos é a seguinte: AOS, Auren, Berbés Abogados, Clems, CZ Veterinaria, Deloitte, Elemental Chefs, Endesa, Eosa, Fundación Universidade de Vigo, Geriatros, Maio Legal, Pescamar, Pontevedra C.F. e Povisa.

O Dobre Grao quere agradecer a estas empresas e despachos a súa colaboración na formación e o achegamento dos nosos alumnos ao mundo profesional co que se atoparán ao acabar a súa formación académica

.