Author Archives: admin

Acto de Benvida aos alumnos de primeiro

O luns 4 de setembro ás 10:00, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, terá lugar un Acto de Benvida para os alumnos de primeiro curso do Dobre Grao ADE-Dereito

Curso Cero de Matemáticas 2017-2018

Nas dúas primeiras semanas de setembro terá lugar un curso cero de matemáticas dirixido aos alumnos de primeiro e co obxectivo de suavizar o paso das matemáticas estudadas no Bacharelato ao nivel esixido no dobre grao. O horario pódese consultar na seguinte ligazón: Horarios

Os alumnos da 1ª promoción realizaron prácticas extracurriculares este verán

Dieciseis alumnos da 1ª promoción do Dobre Grao realizaron prácticas extracurriculares durante os meses de xuño e xullo en diferentes empresas e despachos da nosa contorna económica. A relación de empresas e despachos é a seguinte: AOS, Auren, Berbés Abogados, Clems, CZ Veterinaria, Deloitte, Elemental Chefs, Endesa, Eosa, Fundación Universidade...

Curso Cero de Matemáticas 2015-2016

Nas dúas primeiras semanas de setembro terá lugar un curso cero de matemáticas dirixido aos alumnos de primeiro e co obxectivo de suavizar o paso das matemáticas estudadas no Bacharelato ao nivel esixido no dobre grao. O horario pódese consultar no seguinte enlace: Horario

Convocatoria “premios a Excelencia Académica” 2015-2016

Neste enlace podedes ver a Resolución reitoral do 13 de xullo de 2015 pola que se convocan as axudas “Premios á Excelencia Académica” para estudantes que se matriculen por primeira vez en titulacións de grao da Universidade de Vigo, para ou curso 2015/2016. O prazo de solicitudes destes premios finaliza o...

Conferencia de Baltar+ABOGADOS

O pasado mércores, 4 de febreiro, continuamos o ciclo de conferencias dirixido aos alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa presenza de Gabriel Baltar, socio da firma Baltar+ABOGADOS. Gabriel falounos da traxectoria do seu despacho que foi moi exitosa malia constituírse en 2009, en plena crise...

Conferencia de Alejandro Marques de Magallanes – Partenon

O pasado mércores, 10 de decembro tivo lugar, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a última conferencia do cuadrimestre organizada polo Dobre Grao ADE-Dereito. Alejandro Marques de Magallanes Regojo, Director Xeral de Partenón, expúxonos a súa visión sobre a figura do empresario a partir da súa...

Conferencia de AIG

O pasado mércores, 26 de novembro, os alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man un exemplo dunha experiencia exitosa de emprendimiento empresarial. Edelmiro González e Santiago Viso, socios de AIG, contáronnos o percorrido que lles levou dende as aulas da nosa Facultade, onde cursaron a licenciatura en Ciencias Económicas, ata...

Conferencia de Fernando Vázquez – Deloitte

O pasado mércores, 29 de outubro, Fernando Vázquez Castro, socio de Deloitte, impartiu unha charla aos alumnos do dobre grao ADE-Dereito sobre o modelo que segue a súa firma de servizos profesionais; a primeira firma do mundo e de España en volume de facturación. Despois de recordar aos alumnos que xa...

Conferencia de Josefina Fernández: GERIATROS

O pasado mércores, 15 de outubro, os alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o modelo de liderazgo de Geriatros no sector sociosanitario español. A través dunha ponencia, celebrada no salón de actos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a conselleira delegada da compañía,...