Author Archives: admin

Conferencia de Juan Güell

O pasado mércores 1 de outubro tivo lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais unha conferencia, organizada polo Dobre Grao ADE-Dereito, que foi impartida por Juan Güell Cancela, Socio-Director de DosValor, recentemente nomeado “Executivo do ano en Galicia”. Antes da conferencia, Juan Güell reuniuse cos...

Anuncio de Conferencia

Cumprindo co compromiso contraído polo Programa de Dobre Grao ADE-Dereito, comezamos o ciclo de conferencias que ten como obxectivo achegar a realidade empresarial aos alumnos do Programa. A primeira conferencia versa sobre a importancia que ten o feito de que os executivos e as empresas, xa consolidadas, se impliquen en...

Primeiro día de clase dos alumnos do Dobre Grao

Os 44 alumnos da primeira promoción do dobre grao comezaron hoxe as súas clases. Por tal motivo, o gabinete de prensa da Universidade de Vigo elaborou unha noticia que recolle as impresións dos alumnos do dobre grao no seu primeiro día de clase. Aproveitamos a ocasión para darlles a benvida aos alumnos...

O dobre grao pecha as súas prazas cun grande éxito

O dobre grao pechou as súas prazas cunha nota de corte de 9,133, a 5ª máis alta de todos os graos ofertados no Sistema Universitario de Galicia. Isto demostra o grande acerto da iniciativa que tivo a Universidade de Vigo de ofertar este dobre grao que satisfai unha demanda real da sociedade...

Comezo do curso 2014-2015

O dobre grao empeza cun curso cero a celebrar na semana do 8 ao 12 de setembro de 2014. Estes días realizarase unha introdución aos contidos do dobre grao e aos diferentes servizos da Universidade: biblioteca, alumnado, Centro de Linguas, intercambios co estranxeiro, deportes, prácticas, etc. Ademais desenvolverase un curso introdutorio...

O dobre grao nos medios

Con motivo da implantación do Dobre Grao ADE- Dereito que se estrea en setembro, realizouse unha rolda de prensa, celebrada un día antes de comezar as probas de selectividad. A noticia foi recollida en varios medios. Faro de Vigo Atlántico Diario DUVI    

Acto de presentación do Dobre Grao

O día 23 de abril presentamos no Club Financeiro de Vigo, o novo dobre grao en Administración e Dirección de Empresas e en Dereito da Universidade de Vigo. O acto foi presidido polo reitor Salustiano Mato e pola decana de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ana María Pita e o decano de Ciencias Económicas e Empresariais, Santiago Gómez....