Anuncio de Conferencia

Cumprindo co compromiso contraído polo Programa de Dobre Grao ADE-Dereito, comezamos o ciclo de conferencias que ten como obxectivo achegar a realidade empresarial aos alumnos do Programa.

A primeira conferencia versa sobre a importancia que ten o feito de que os executivos e as empresas, xa consolidadas, se impliquen en facilitar, actuando como investidores, o desenvolvemento tanto de novas ideas de negocio coma de novos produtos e procesos formulados polos emprendedores.

Para falar sobre este tema, temos o luxo de poder contar con Juan Güell Cancela recentemente nomeado “Executivo do ano en Galicia” polos méritos contraídos na súa longa traxectoria profesional. Juan Güell, socio director da consultora Dosvalor (colaboradora do Dobre Grao) e impulsor da rede de investidores privados Redinvest do Circulo de Empresarios de Galicia, defínese a si mesmo como un “business angel” dende hai máis de 20 anos.

A conferencia terá lugar o mércores 1 de outubro ás 13:00 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.