Conferencia de Josefina Fernández: GERIATROS

O pasado mércores, 15 de outubro, os alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o modelo de liderazgo de Geriatros no sector sociosanitario español.

A través dunha ponencia, celebrada no salón de actos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a conselleira delegada da compañía, Josefina Fernández Miguélez, explicou a traxectoria da empresa e os seus obxectivos a corto e medio prazo.

Os estudantes interesáronse por un modelo de negocio de éxito que, coa súa sede social en Vigo, pasou de xestionar no ano 2000 unha única residencia de maiores a ter, 14 anos despois, unha rede asistencial que oferta preto de 6.000 prazas residencias en dez comunidades autónomas diferentes cunha plantilla de 3.300 traballadores. Fernández insistiulles ós alumnos enérxicamente en que crean en eles mesmos como a súa propia marca, ‘Eu S.A.’, como receta para triunfar e insistiulles en traballar para conseguir todo aquello que se propoñan.