Conferencia de Fernando Vázquez – Deloitte

O pasado mércores, 29 de outubro, Fernando Vázquez Castro, socio de Deloitte, impartiu unha charla aos alumnos do dobre grao ADE-Dereito sobre o modelo que segue a súa firma de servizos profesionais; a primeira firma do mundo e de España en volume de facturación.

Despois de recordar aos alumnos que xa empezaron a súa carreira profesional, expuxo con detalle tanto as diferentes liñas de servizo que presta Deloitte así como a súa especialización sectorial. Fernando Vázquez informounos sobre o que ofrecen aos futuros profesionais que pretenden traballar en Deloitte, así como das características que buscan neles; facendo especial fincapé en que ademais de buscar profesionais con altas capacidades técnicas lles interesa moito que dispoñan de habilidades comerciais, que teñan responsabilidade, flexibilidade, ambición en sentido positivo e que desexen sempre mellorar dentro da empresa.

O dobre grao quere agradecer a Fernando Vázquez e a Deloitte o apoio entusiasta á nosa titulación e a participación nesta charla que foi moi ilustrativa para os alumnos que desexen traballar nunha gran firma de servizos profesionais.