Conferencia de Baltar+ABOGADOS

O pasado mércores, 4 de febreiro, continuamos o ciclo de conferencias dirixido aos alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa presenza de Gabriel Baltar, socio da firma Baltar+ABOGADOS.

Gabriel falounos da traxectoria do seu despacho que foi moi exitosa malia constituírse en 2009, en plena crise económica. Fixo moito fincapé na necesidade de diferenciarse dos demais á hora de ter éxito profesional. Neste sentido, aconsellou aos alumnos que debían dominar polo menos o inglés e se é posible un segundo idioma. Tamén lles animou a enfocarse cara a un tipo de traballo que lles xere satisfacción, porque dedicarse ao que a un lle apaixona lle permite render moito máis. Gabriel transmitiulles aos alumnos que con esforzo se pode chegar onde un queira e que o seu despacho sempre está aberto a contratar xente con talento e disposición para traballar duro. O acto finalizou cun animado debate.

O dobre grao quere agradecer a Gabriel Baltar e ao seu despacho o apoio e a colaboración que prestan á nosa titulación.