Conferencia de AIG

O pasado mércores, 26 de novembro, os alumnos do Dobre Grao ADE-Dereito tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man un exemplo dunha experiencia exitosa de emprendimiento empresarial.

Edelmiro González e Santiago Viso, socios de AIG, contáronnos o percorrido que lles levou dende as aulas da nosa Facultade, onde cursaron a licenciatura en Ciencias Económicas, ata a situación actual, na que dirixen unha das empresas líderes do noso país no desenvolvemento de programas de xestión de empresa. Despois de expoñer a súa experiencia como pioneiros no deseño do programa PAI, en ámbito windows, da Axencia Tributaria, centráronse en recalcar os valores clave da súa filosofía empresarial: ofrecer calidade e eficacia a un prezo ao alcance de todo tipo de negocio. Para finalizar o acto, Edelmiro e Santiago presentaron ao público os programas que desenvolve a súa empresa e responderon ás diversas preguntas que formularon os asistentes o que xerou un animado debate.

O dobre grao quere agradecer a Edelmiro González e Santiago Viso o apoio e a colaboración que prestan á nosa titulación.