Acto de presentación do programa de Simultaneidade ADE-Dereito

O día 23 de abril presentamos no Club Financeiro de Vigo, o novo programa de Simultaneidade en Administración e Dirección de Empresas e en Dereito da Universidade de Vigo.

O acto foi presidido polo reitor Salustiano Mato e pola decana de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ana María Pita e o decano de Ciencias Económicas e Empresariais, Santiago Gómez.

O reitor centrou a súa intervención na importante demanda que existe en Vigo e o seu ámbito para incorporar ao mercado profesionais “altamente cualificados” en ambas as dúas áreas e “capaces de enfrontar os grandes retos” do tecido socioeconómico. Pola súa banda, os decanos remarcaron a relación continua da universidade coa empresa e o reto que supuxo durante anos a implantación do dobre grao, sen esquecer, o importante labor do profesor e coordinador do dobre grao, Jorge Falagán.

Durante o acto, proxectouse o video promocional creado para a presentación e difusión do dobre grao, que recolle os testemuños dos decanos e docentes que destacan a dobre formación, a “versatilidade” e a “conexión fluída” do programa co tecido económico. Ademais, os responsables de varias empresas como Diana Soto (Deloitte), Guillermo Pérez (Levantina), Edelmiro González (AIG), e Juan Güell (Grupo GBDosvalor) subliñan que o futuro grao abrirá un “inmenso” campo de posibilidades laborais aos titulados, que lles axudarán a “aforrar tempo e diñeiro” nos seus negocios.

Queremos agradecer dende aquí o respaldo e apoio dos profesores de ambas as dúas facultades e dunha extensa representación institucional e empresarial.

Entre as autoridades institucionais encontrábanse a conselleira de Economía, Elena Muñoz: o presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López-Chaves; a delegada da Xunta, María José Bravo; a delegada da AEAT de Vigo, Olga Bobadilla; o delegado da AEAT de Ourense, Luis Emilio Sánchez; o presidente do Club Financeiro, Javier Garrido; a decana do Colexio Notarial de Galicia, María Isabel Louro; o decano dos economistas da provincia, Juan José Santamaría e o vicereitor Xosé Manuel García.

Tamén estaban presentes representantes de empresas tan destacadas como PSA Peugeot Citroën, Mascato, Profand, Levantina, Pescapuerta, Povisa, Conservas Albo, Irmáns Fernández Ibáñez, Geriatros, Conservas Pescamar, Factoría Vulcano, Netaccede e AIG; de entidades financeiras como Deutsche Bank, Banco Sabadell,Novagalicia Banco e Renda 4 Banco; de despachos profesionais como Garrigues, Cuatrecasas, Auren, Dosvalor, GB auditores, Clems, Maio Legal, Clover, Eosa, Colón abogados, Martinez Barros & Narbón abogados e IBM abogados; da administración pública e de centros de educación secundaria.

Algúns medios fixéronse eco da presentación. Deixámosvos os enlaces por se son do voso interese para consultalos.

DUVI

Faro de Vigo

Atlántico Diario

Diario de Pontevedra

Galicia Hoxe

Europa Press

Noticias Galicia