Comezo do curso 2014-2015

O dobre grao empeza cun curso cero a celebrar na semana do 8 ao 12 de setembro de 2014. Estes días realizarase unha introdución aos contidos do dobre grao e aos diferentes servizos da Universidade: biblioteca, alumnado, Centro de Linguas, intercambios co estranxeiro, deportes, prácticas, etc. Ademais desenvolverase un curso introdutorio de Matemáticas ao obxecto de corrixir as posibles deficiencias dos alumnos procedentes do bacharelato en Humanidades e Ciencias Sociais.

Para o propio beneficio do alumno recoméndase encarecidamente a asistencia ao curso cero.

As clases comezan o luns 15 de setembro de 2014.